Unha tarde redonda

Unha tarde redonda

Unha parte do Club de Lectura ‘Señora Phelps’ visitou onte o Salón do Libro de Pontevedra que este ano está dedicado ao arte. Aproveitaron a visita para oír unha conferencia de Paula Carballeira sobre a narración oral e, de seguido, fixeron un percorrido por todo o Salón. Foi unha tarde diferente onde os membros do Club saíron en busca de novas lecturas e abofé que as atoparon entre tanto arte e bos momentos compartidos.