Visita a Santiago

Visita a Santiago

Antonte non foi un día máis. Antonte foi un día distinto. Cambiamos as nosas aulas do século XXI con Hyflex, polas aulas do Museo Pedagóxico. Cambiamos os nosos corredores, patios e oratorio por un decorado de luxo: Santiago, as súas rúas, a catedral (tellados, pórtico, museo…), pero sobre todo, alumnado e profesorado deixamos de mirarnos de fronte coma cando estamos nas aulas para camiñar xuntos, ombro con ombro, e compartir bos momentos neste ano santo compostelán.