Visitando Vigo

Visitando Vigo

O pasado venres, un grupo de alumnos, profesores e persoal da Escola fixeron unha saída, organizada por Montserrrat Rúa, ao xacemento arqueolóxico do Castro. Alí, a arqueóloga encargada explicoulles non só as orixes e como vivian nese asentamento, senón tamén a importancia que estas visitas teñen para o alumnado de infantil e primaria e como fan para explicarlles o que alí hai e que é o que máis lle chama atención ao alumnado destas etapas. Rematada esta visita, guiados pola profesora Montserrat, o grupo fixo un interesante percorrido por onde discurría a antiga muralla de Vigo. Para os que non eran de Vigo, foi unha oportunidade única para coñecer mellor esta cidade; e para os que xa eran de Vigo foi un xeito de educar a mirada e decatarse de que todo o que nos rodea ten un por que e que é labor dos futuros mestres transmitir esa curiosidade. Grazas a Montse polo seu traballo e por organizar esta interesante saída.