Voluntariado

Voluntariado

Onte presentouse o programa de voluntariado e pastoral da Escola que se vai desenvolver ao longo deste curso. O coordinador de pastoral, o noso capellán, Uxío Nerga, explicou en que vai consistir a peregrinación a Santiago que vai realizar todo o alumnado de todos os centros CEU de España na ponte de outubro. De seguido, o coordinador de voluntariado, Alberto Santos, explicou acompañado da directora, María Jesús, e dunha alumna, María Suárez, algunhas das iniciativas de voluntariado que se van levar a cabo este curso: clases de apoio educativo, visitas un venres de cada mes a un centro ocupacional ou outras accións puntuais que se poidan dar e que, de feito, se poden propoñer. Todas aquelas persoas interesadas en participar poden cubrir o formulario ou ben preguntarlle directamente aos coordinadores.