A Universidade de Vigo suspende a actividade docente no campus vigués este luns

A Universidade de Vigo suspende a actividade docente no campus vigués este luns

 

Ante a situación de emerxencia ocasionada polos lumes que afectan a Vigo e a súa contorna e dado o agravamento experimentado nas ultimas horas, a Universidade de Vigo acorda suspender a actividade docente este luns 16 de outubro no campus de Vigo. A Universidade informa que as instalacións do campus universitario vigués nestes momentos non están a resultar afectadas polo lume.
Con tal motivo, tamén se suspenden as clases na Escola de Maxisterio, adscrita a Universidade de Vigo.