
Charo Pita (A Coruña, 1966) é unha das voces máis destacadas da narración oral galega. Licenciada en Filoloxía Hispánica, combina a creación literaria coa palabra dita en escena, levando as súas historias a festivais e escolas de todo o mundo. É autora de numerosos contos e álbums infantís —como Velliñas ou Andar aos biosbardos— e de libros de poesía e narrativa para adultos. A súa obra destaca pola musicalidade, a emoción e a capacidade de conectar coa memoria, a oralidade e a imaxinación.
O xoves 30 de outubro, ás 10.30 h, esta escritora convidaranos a reflexionar sobre o poder afectivo e educativo da palabra. A través da súa experiencia na literatura infantil e na narración oral, achegaranos unha mirada viva e sensible sobre como contar, escoitar e ensinar poden converterse nun acto de encontro, coidado e aprendizaxe compartida. Será unha para descubrir como as palabras poden abrazar, ensinar e transformar.


