Campaña de Dinamización

Campaña de Dinamización

Un grupo de alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria está a desenvolver este cuadrimestre unha campaña de dinamización da lingua galega. A campaña estará centrada en Castelao, figura ao que este ano a Xunta de Galicia lle dedica todo o ano polo 75 aniversario do seu pasamento, e as cantareiras, mulleres que serán as protagonistas do Día das Letras Galegas de este ano. Por iso, optaron por esta imaxe para o seu perfil @aalalass, unha fusión dos famosos lentes do escritor universal cunha palabra que reflicte a nosa tradición oral. Seguide o seu perfil e estade moi atentos porque haberá concursos, sorteos e distintas actividades!