Cando a vocación fala: así aprende o noso alumnado de Didáctica das Ciencias Experimentais II

Cando a vocación fala: así aprende o noso alumnado de Didáctica das Ciencias Experimentais II

Sentir esa emoción que só xorde cando a aprendizaxe cobra vida foi o que levou o alumnado de 3º do Grao en Educación Primaria a asumir o reto proposto pola profesora Sandra Fragueiro: imaxinar que xa eran mestres e mestras e que o seu alumnado necesitaba comprender mellor algúns contidos de Ciencias da Natureza.
A partir de aí, comezou a maxia. Cada grupo tivo que crear unha maqueta que explicase, dun xeito claro e visual, procesos que ás veces resultan difíciles de imaxinar.
Construíron corazóns que latexan e nos que o sangue bole coma nun corpo real, pulmóns que se enchen e baleiran, capas da pel e da atmosfera, un aparato dixestivo polo que flúe a auga cando bebemos…
Un conxunto de creacións que non só explican ciencia… contan a súa ilusión por ensinar.
Nestes proxectos hai tempo, hai esforzo, hai aprendizaxe… pero, sobre todo, hai vocación. Unha vocación que se ve, que se escoita e que se sente.
Parabéns a todas e todos polo traballo, pola creatividade e polas ganas de facer da educación un lugar mellor. 💙✨