Feelant Impact Summit

Feelant Impact Summit

A profesora Julia Criado asistiu co seu alumnado de 2º de Infantil ao Feelant Impact Summit, un evento filantrópico que pretende iniciar un movemento social con impacto social, promovida pola asociación En Modo Hormiga. Tiveron a oportunidade de escoitar a Elsa Punset na súa conferencia «El poder de las pequeñas acciones para cambiar el mundo», unha intervención na que reivindicou a empatía como clave para construir comunidades máis igualitarias e xustas. A xornada tamén incluía ponencias e encontros centrados no impacto social e na saúde. Foi un xeito de seguir aprendendo e formándose máis alá das paredes da aula 21.