
A nosa Escola viviu o pasado xoves unha xornada marcada pola emoción e a ilusión coa celebración do acto de acollida ao alumnado de primero curso dos graos en Educación Infantil e Primaria. Nunca houbo tanto silencio nese Salón de Actos, un silencio que falaba da timidez e do medo dos primeiros días.
O encontro estivo presidido pola directora do centro, María Jesús Ayuso Manso, quen compartiu co estudantado unha reflexión persoal que resume o espírito da Escola:“para min, os mellores días son aqueles nos que teño clase”. Na súa intervención destacou o orgullo e a responsabilidade de formar ás futuras mestras e mestres e subliñou que este era un día moi esperado por todo o persoal da Escola, que traballa con entusiasmo para recibir á nova xeración de estudantes.
A continuación, o alumnado puido coñecer ao seu profesorado e, da man das titoras e alumnas veteranas, realizou un percorrido guiado polas instalacións. A visita incluíu espazos esenciais para a vida universitaria, como a Secretaría e a Biblioteca, onde recibiron información práctica para orientarse nesta nova etapa.


