Proxecto dual

Proxecto dual

Como cada ano, coa chegada do mes de maio, a nosa Escola pon en marcha unha das actividades máis agardadas: o proxecto dual do alumnado de 1º de Educación Infantil, no marco da materia de Desenvolvemento Motor, coordinado pola profesora Purificación García Cajide. Nestes días, as aulas énchense de movemento, creatividade e coordinación, mentres o alumnado prepara con ilusión cada detalle da xornada. Escenografías, materiais, probas motrices e dinámicas de xogo van tomando forma grazas a un intenso traballo en equipo. Todo estará listo para recibir o alumnado do Colexio Salesianos o vindeiro mércores, nunha experiencia pensada para aprender a través do corpo, o xogo e a imaxinación. Unha cita que, ano tras ano, consolídase como unha tradición educativa e vivencial de gran valor.