
O curso comeza e na Escola quixemos darlle a benvida ao alumnado de 1º como mellor sabemos: compartindo. Houbo chocolate, fútbol, mochilas que chegaron ás mans dos novos alumnos e alumnas da man das súas titoras e, sobre todo, tempo para coñecerse e crear os primeiros vínculos. A actividade, coordinada polo PAT (Plan de Acción Tutorial), contou coa participación de todas as titoras e do alumnado de 2º de de Educación Primaria que puxo o seu gran de area, colaborando no servizo do chocolate e facendo posible este pequeno gran encontro entre cursos.
E unha mención especial para Mari, porque o seu chocolate, unha vez máis, quentou a mañá e marcou ese momento de encontro que fai que unha escola sexa moito máis ca un lugar onde aprender.
Benvidos e benvidas á Escola. Que este sexa só o primeiro de moitos momentos compartidos.



