Unha nova opción na páxina web da Biblioteca

Unha nova opción na páxina web da Biblioteca

Dende hai uns días xa se poden consultar cales son as novas adquisicións da Biblioteca dende a páxina web. Alicia e mais Rosa deseñaron esta opción para que todos poidamos saber que novos libros se mercaron. Ademais, ao picar na portada do libro, accédese ao catálogo para poder localizar o volume. Animámosvos a que esteades atentos a esta sección para que non vos perdades as novidades e a que lle botedes un ollo aos interesantes contidos da páxina da Biblioteca da Escola.

Para acceder á sección novidades: páxina web da Escola/Servizos/Biblioteca

Novidades