Vía Crucis

Vía Crucis

O pasado xoves celebramos o Vía Crucis no marco das actividades da Coresma, un acto que reuniu a boa parte da comunidade educativa. A iniciativa contou coa participación de alumnado, profesorado e persoal non docente, que percorreron xuntos as distintas estacións nun ambiente de silencio, oración e reflexión. Ao longo das catorce estacións, estudantes, docentes e persoal non docentes guiaron lecturas, oracións e cantos que convidaron á reflexión sobre realidades actuais como a soidade, o sufrimento ou a necesidade de esperanza, nun ambiente de silencio e recollemento. A actividade concluíu cun momento de convivencia entre os asistentes, que compartiron unha pequena comida nun ambiente distendido. Foi o peche a unha mañá marcada pola participación e o espírito comunitario.