Magosto

Magosto

Un ano máis, grazas ao alumnado de 2.º de Educación Infantil e á súa titora, Julia Criado, o arrecendo das castañas asadas filtrouse por cada recuncho da nosa escola, anunciando a chegada dunha das celebracións máis entrañables do outono: o Magosto.
O alumnado deste curso encargouse de preparar e decorar os espazos para unha xornada na que non faltaron a creatividade e as ganas de compartir. Houbo concurso de sobremesas, torneo de fútbol e mesmo unha animada clase de zumba dirixida pola nosa alumna Cristina Rodríguez, na que participaron ao ritmo da música tanto estudantes como profesorado.
Unha celebración na que tradición, convivencia e alegría volveron darse a man. Grazas a todos os que a fixeron posible! (19/11/2026)