IV Certame

IV Certame «Contos para nenos»

BASES

§Poderá concorrer a este certame o alumnado matriculado no curso académico 2013-2014 da Escola Universitaria San Pablo CEU de Vigo.

§O tema do conto, que deberá ser inédito e estar escrito en lingua galega, será de libre elección.

§O traballo presentado non pode ter sido premiado en ningún outro certame.

§Os traballos presentados terán unha extensión máxima de 12 follas. Presentaranse por duplicado (orixinal e unha copia en branco e negro), escritos a ordenador ou mecanografados a unha soa cara e a dobre espazo en papel DIN A4. Os escritos a ordenador empregarán a letra Comic Sans MS de tamaño 12.


§Os traballos, que poderán vir acompañados de ilustracións cuxa técnica e formato tamén será de libre elección, só terán como único elemento identificativo un pseudónimo. Polo dito, non poderán ter ningunha nota e/ou inscrición que poida contribuír ao coñecemento da súa autoría. Ademais, entregaranse acompañados dun sobre pechado no que figure o título do conto e o pseudónimo utilizado. No interior do sobre incluiranse os datos de identificación do autor ou autora tales como nome, apelidos e curso.

§Os participantes poderán entregar os seus traballos na biblioteca da Escola de Maxisterio San Pablo CEU ata o día 6 maio (inclusive) de 2014.

§O xurado estará composto por cinco membros do claustro de profesores e da biblioteca da Escola de Maxisterio San Pablo CEU. Este xurado concederá un único premio e poderá declarar deserto o certame se así o considera oportuno. Así mesmo, o seu dictame será comunicado ao gañador ou gañadora o día 8 de maio de 2014.

§ O premio, valorado en 100 euros, consistirá nun lote de libros (elixido polo gañador ou gañadora) ou en cursos impartidos pola Escola.

§A participación neste certame presupón a aceptación das bases.

§Todo traballo que non se axeite a estas bases será desbotado.