Aviso

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Talleres de la Asociación Inventiva

El pasado sábado se retomaron las jornadas de los talleres de la Asociación Inventiva (@inventiva_asoc) con familias y niños de AACC. Mientras los niños disfrutaban de los diferentes talleres, más de cincuenta padres y madres escucharon la conferencia de Ángela Piñeiro, pedagoga y psicóloga, sobre la doble excepcionalidad: AACC más TDAH, AACC más TEA, AACC más DISLEXIA…. A esta charla también acudieron Julia Criado del Rey (profesora de Escuela Inclusiva de la escuela) y Paula Ramos (profesora de Prevención y Tratamiento de las Dificultades del Aprendizaje).
También participaron alumnos de la escuela en distintos talleres. Así, Claudia Fernández y Sara Cabezas de 2º de EI lo hicieron en el taller de cine; Deisy Moreno, Noa Paredes, Xulia Cedeira e Irene García disfrutaron con los más pequeños en el taller de arte; Cristina Pérez (4º EP) y Cloe Martínez (3ºI), en el taller de game-based mentoring y Pedro Seoane de 1º de Primaria estuvo en el de robótica.
Fue una jornada muy interesante y enriquecedora. Animamos a todo el alumnado a que sigan participando en estos talleres que regresarán a la Escuela el próximo sábado, 26 de octubre.

Inauguración do curso

O pasado xoves a Escola inaugurou con toda solemnidade o curso académico 2024/2025. Dende as 11.30 h suspendéronse as clases para asistir a Eucaristía, oficiada polo noso capellán Uxío Nerga, que nos lembrou na súa homilia que aínda que ás veces todo se nos veña enriba como a Xob ou non entedamos o porqué das cousas (e seguro que neste curso vai pasar) debemos confiar no Señor para saírmos adiante. De seguido, no acto académico, a secretaria da Escola, a profesora Sandra Álvarez, deu lectura a memoria académica do curso pasado no que se recollen aquelas actividades e feitos máis significativos. Bieito Rubido, director do xornal El debate e cunha longa traxectoria como xornalista, foi o encargado de dar a lección inaugural que versou sobre como as novas tecnoloxías mudaron os medios de comunicación e o xeito de informarse e subliñou a necesidade de ter medios de comunicación independentes e rigorosos. Na súa charla, Rubido animou tamén o alumnado a retar o algoritmo, a despistalo para que non só ofreza o que queremos ver/ler. O acto concluíu co Gaudeamus igitur, pois si, gaudeamus, que temos por diante un curso ben interesante.

Presentación do programa de voluntariado

O pasado xoves o Coordinador de Pastoral, Alberto Santos Hermo, acompañado por outros docentes presentou o programa de voluntariado para este curso ao alumnado da Escola. Podedes consultalo no enlace da bio. Agardamos que o interese amosado, cunha aula 32 moi chea, permaneza e este sexa un curso cheo de actividades que nos enriquezan a todos máis alá do horario lectivo.

Prácticas

Di Natalia Ginzburg que non abonda con ter unha vocación, que hai que coñecela, amala e servila con paixón. A todo o alumnado de 4º que hoxe comeza un novo curso, esta vez dende o outro lado, moita sorte e ilusión. Enchede as aulas co voso entusiasmo e coñecementos. Oxalá descubrades neste tempo que poucas cousas hai máis marabillosas (talvez un concerto ou unha obra de teatro) que o ambiente que se crea nunha aula cando entre profesor e alumno hai respecto mutuo, coñecementos compartidos e unha comunicación fluída.
(Ilustración de Jean-Jacques Sempé, O pequeno Nicolás)

Un equipo internacional dirixido desde a UVigo estuda o contexto literario e histórico do “Cancionero de Baena”

O pasado venres, o Diario da Universidade de Vigo (DUVI) facíase eco da seguinte noticia que queremos compartir convosco:
Un equipo internacional dirixido desde a UVigo estuda o contexto literario e histórico do ‘Cancionero de Baena’
Un equipo internacional de investigadoras e investigadores liderados desde a Universidade de Vigo polo catedrático Antonio Chas Aguión levan desde o ano 2015 estudando a contorna literaria e histórica do Cancionero de Baena. Son o grupo Nocelba e nel participan dúas profesoras a nosa Escola, Sandra Álvarez e mais Ana Caíño, xunto con especialistas de España, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos.
O proxecto está financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, que en 2023 lles renovou, por terceira convocatoria consecutiva, a financiación. “Non son frecuentes os equipos de investigación do ámbito das humanidades que acceden a este tipo de axudas e, no noso caso, xa é a terceira vez que o conseguimos”, explica Chas Aguión, director do Departamento de Literatura española e Teoría da literatura da Universidade de Vigo, moi satisfeito polo apoio que o ministerio lle vén outorgando a este proxecto e que permitirá darlle continuidade ata agosto de 2027.
No marco dese proxecto, as nosas compañeiras e profesoras estudan o papel das mulleres na creación literaria da época e mais a representación de colectivos minorizados por diferentes causas (políticas, étnico relixiosas, sociais, de xénero…) nos textos literarios do Cancionero de Baena.