Donas de si e pioneiras

Donas de si e pioneiras

 

Antonia Ferrín Moreiras, Maruja Mallo, Manuela Barreiro, Emilia Pardo Bazán, as heroínas de Sálvora, … son algunhas das que faltan nesta mostra na que si están as vidas de mulleres galegas que destacaron por ser pioneiras nalgún terreo destinado só aos homes. Dende rostros coñecidos como Concepción Arenal, e menos coñecidos como o de Celia Rivas ata rostros familiares como a biografía da avoa dunha alumna ou dunha profesora de Secundaria que deixou unha marca indeleble, todo iso e moito máis pódese ver no mural que, coa axuda da Biblioteca da Escola, elaborou o alumnado de Lingua Galega de Educación Infantil para celebrar este 8 de marzo. A eles tamén se uniron os alumnos do Programa Alida que quixeron contribuír a esta iniciativa con biografías de mulleres buscadas por eles mesmos: Hipatía de Alexandría, Rosa Parks ou Marie Curie, entre outras.

Agardamos que lle botedes un ollo ao mural e participedes tamén anotando cal é a vosa muller pioneira cunha traxectoria inspiradora. Abofé que son moitas máis das que figuran nesta pequena mostra que pretende ser unha homenaxe a todas esas mulleres que nos abriron camiño e melloraron a sociedade.