Encendido del árbol



Que é ser un mestre? Que significa ser mestre? Que papel temos na nosa sociedade? Preguntas difíciles para as que non hai respostas exactas, pero preguntas moi acaídas para o Día do Mestre que celebramos este xoves. O encargado de respondelas foi un mestre, Roberto Sande, profesor de Educación Infantil do Colexio Cluny que veu falarnos do seu día a día e de como ve el o mundo da educación. Unha charla chea de anécdotas e exemplos nas que Roberto transmitiu o seu entusiasmo e vocación ao público que non dubidou en facerlle aínda máis preguntas. Moitas grazas a Roberto por abrirnos unha xanela pola que ver como é o día día dun mestre e polo súa vocación que abofé inspirou a moitos dos nosos estudantes.



En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a biblioteca organiza unha actividade especial para sensibilizar e educar á comunidade sobre este importante tema. A actividade consiste nunha selección de frases inspiradoras e reflexivas que abordan a loita contra a violencia de xénero. Estas frases estarán expostas na mesa principal da biblioteca, e con elas preténdese convidar os visitantes a reflexionar sobre a importancia de erradicar a violencia contra as mulleres e promover a igualdade de xénero. A biblioteca tamén ofrecerá recursos adicionais, como libros e artigos, para aqueles interesados en profundar no tema. A exposición estará dispoñible durante toda a semana, e anímase a todos os membros da comunidade para participar e aprender máis sobre como podemos contribuír a eliminar a violencia contra as mulleres.

Participa en la elaboración del photocall de los buenos tratos situado en la planta baja de la Escuela.
Las fotos se enviarán al correo [email protected] y se publicarán en el Instagram de la Escuela con el #25NCEUVIGO.




Non todos os días se ten a oportunidade de escoitar a un autor clásico da LIX falar da súa obra e iso foi o que pasou o pasado xoves. Ramón Caride veu acompañado de Said e de Sheila, de Xan Farrapeiro, de Sara e mais Ruki e de todas as historias que ao longo dos seus trinta anos como escritor foi creando para o público infantil. Na súa charla abordou cales son os eixos temáticos da súa narrativa infantil: o interese polas lendas e o conto tradicional, o papel da ciencia nas sociedades avanzadas, a ecoloxía e a crítica social. Reivindicou o poder do libro e de contar historias fronte ao perigoso desenvolvemento da IA, pois, como sinalou, non hai nada máis revolucionario que abrir un libro e que o tempo fique suspendido. Grazas a Ramón e mais @aelg.galiza por este encontro na nosa Escola.
Información básica sobre Protección de Datos
|