Onte celebrouse a última sesión deste ano do Club de Lectura ‘señora Phelps’. Foron meses de lecturas compartidas, de análises e de recomendacións entre alumnos e profesoras nun clima moi bo. A señora Phelps despídese ata febreiro cando volverá a prestar e comentar libros. Antes de despedirse, a señora Phelps quixo que os Reis Magos deixasen os seus agasallos. Todos os membros do Club marcharon cun pequeno detalle.