Concurso “Cóntame un Conto”

Concurso “Cóntame un Conto”

Había unha vez… tan só tres palabras e todo o que nos rodea desaparece. Poñemos toda a nosa atención na persoa que as pronuncia e trasladámonos a outros mundos. É a maxia de contar unha historia en voz alta. E todos os cursos, nós podemos gozar dese momento máxico grazas ao Concurso ‘Cóntame un Conto’, organizado por Biblioteca para conmemorar de xeito conxunto o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e mais o Día do Libro.  

Este ano o concurso terá lugar o día, 21 de abril, ás 10.30h na aula de Psicomotricidade. É un concurso aberto a todo o alumnado da Escola que pode participar de xeito individual. O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de abril (incluído) en Biblioteca. Nas bases do concurso tedes dispoñible toda a información.  

Para que o mundo quede en suspenso e a maxia dos contos nos atrape, precisamos narradores.  Cóntanos un conto, anímate a participar!