Este jueves inauguraremos de manera oficial el curso 22/23 con una eucaristía y una conferencia. Estáis todos invitados a participar en este acto, tan importante y simbólico, con el que damos comienzo a un nuevo año académico.
Ademais das prácticas, o alumnado de 4º curso terá que enfrontarse neste curso tan especial ao traballo fin de grao. Este mércores recibirán as primeiras indicacións da coordinadora de TFG, a profesora Sandra Fragueiro, e poderán resolver as primeiras dúbidas.
O xoves presentáronse os talleres e algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo deste cuadrimestre. A señora Phelps regresa con novas lecturas disposta a seguir compartindo momentos únicos ao redor de bos libros. As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 26 de setembro para matricularse (no correo ana.cainocarballo@ceu.es) e o 28 de setembro botará andar esta segunda edición. Pola súa banda, o profesor Javier Pascual vén, tamén por segundo ano, cunha proposta de taller no que se traballará como falar en público. Os interesados poden poñerse en contacto con jpg@pascualgarofano.es.
A profesora Montserrat Rúa tamén trouxo unha actividade ben interesante coa que coñecer o noso patrimonio artístico e cultural máis próximo. Como futuros mestres, nun futuro, tamén vos tocará preparar saídas culturais co voso alumnado, así que con este taller traballarase como organizar estas actividades e tamén se sairá a coñecer Vigo a través da súa historia. As persoas interesadas quedan convidadas a unha reunión o día 27 as 13h na Sala de Profesores.
E o coordinador de voluntariado, Alberto Santos, convidou a todos os asistentes a participar na peregrinación que se fará con outros centros do CEU ao Castelo de Javier en Navarra. Para calquera dúbida, preguntade ao coordinador (alberto.santoshermo@ceu.es).
Hai vida máis alá das clases. Moita vida.
Porque hai máis vida máis alá das clases, non perdas a presentación de talleres e actividades que se vai celebrar este xoves.
Información básica sobre Protección de Datos
|