Cóntame un conto

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Cóntame un conto

O pasado xoves, 20 de abril, reunímonos na aula de Psicomotricidade para celebrar dúas datas: o 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil e mais o 23 de abril, o Día do Libro. O acto que estivo presentado polas nosas bibliotecarias, Rosa e mais Alicia comezou coa lectura do poema do escritor grego, Yagalis Iliopoulos, encargado este ano de difundir a mensaxe do día do libro infantil: “Yo soy un libro. / Tú eres un libro. /Todos somos libros. (…) –los hay grandes, los hay pequeños, / los hay coloridos, otros en blanco y negro, / los hay muy finos, y otros muy gruesos. /Nuestras historias serán diferentes o similares: /he aquí nuestra belleza.” Leunos unha Rosa moi emocionada que nos contaxiou a todos. Xa estabamos listos para coñecer as historias que Celeste, Ana, Julián, Lisa e Alba tiñan preparadas para nós. Historias de monstros, de amor, de peixes, de patos e de animais. Historias moi diferentes contadas de xeito distinto. He aí a beleza de cada unha delas.

Tocoulle empezar a Celeste Lorenzo, alumna de 4º de E. Infantil, que nos contou a historia de Carabuñas, un monstro feroz que ten unha imaxe distorsionada de si mesmo. Por iso, a narradora Celeste lembrounos a importancia de mirarnos no espello para saber ben quen somos. Seguiu Ana Fernández, alumna de 2º de E. Primaria, que con Adivina cuánto te quiero quixo falarnos da imposibilidade de medir o amor que sentimos polas persoas. Julián Díaz, alumno de 2º de E. Infantil, sen apoio do libro, só coa súa voz, narrounos a historia de Nadarín, un peixe que nos ensina que ningún é tan bo coma todos xuntos. Lisa Sun, alumna de 2º de Primaria, contounos a histora de Pati, un pato simpatiquísimo que un día ten un mal día. Quen non o ten? Lisa lembrounos que o mellor é á hora de levantarse, pensar un chisco e apoiar primeiro a pata dereita. E para rematar, Alba García, de 1º de E. Infantil, contounos a historia de Chiqui, un pito que vive nunha granxa e que non sabe cal é o seu momento favorito do día. Vós sabédelo?

Tras isto, mentres o xurado deliberaba, Rosa e mais Alicia léronnos uns poemas e o conto Todos lo vieron, e con este último souberon manter a tensión: que viron todos eses animais? Os que alí estivemos xa o sabemos e estamos preparados para calquera cousa extraordinaria que veña. Chegou o momento máis difícil para o xurado: determinar quen merecía os premios. Nunca é unha tarefa doada, porque só quen estivo diante dun auditorio algunha vez sabe o difícil que é, e se se trata de contar unha historia aínda máis, pero había que decidir… e os gañadores desta edición foron Celeste Lorenzo que obtivo o 1º premio e mais Julián Díaz que obtivo o 2º premio.

E xa para rematar, cando chegamos xa estaba todo listo: sillas colocadas, decorado e ata un lema: Cal é a túa historia? Non foi un accidente. Alicia e mais Rosa preparan con moito tempo esta actividade. Con moito tempo e cariño. Non hai agradecemento para elas. O Día do libro non é un día de máis, deses vacíos porque elas danlle un sentido de verdade. Grazas. Grazas tamén aos participantes por responder e acoller esta actividade, por eses 50 minutos onde esquecemos onde estabamos. E que dicir dese público selecto que ateigou a clase de Psicomotricidade. Como dixo Rosa: os mellores.

Concurso Biblioteca

Os invitamos a celebrar el Día de la Biblioteca (24 octubre). Ya podéis participar en nuestro concurso.
#escuelamagisterioceuvigo
#DíaDeLasBibliotecas 
#DíaDeLasBibliotecas2022
#BiblioTEcuida
#DíaDasBibliotecas

Ascensión Gil Martín visita la Biblioteca de la Escuela

Nuestras bibliotecarias recibieron hace unos días la visita de la directora de archivos y bibliotecas del CEU, Ascensión Gil Martín. Con motivo de esa visita, la página web de Bibliotecas del CEU ha querido destacar su trabajo cotidiano que convierte a nuestra biblioteca en un espacio vivo, lúdico, educativo y social. Rosa y Alicia no solo ofrecen un apoyo imprescindible al profesorado, sino que además de orientar y ayudar al alumnado, aún sacan tiempo para organizar distintas actividades a lo largo del curso como concursos, club de lectura, exposiciones, etc. 

Más información en BibliotecasCEU

Concurso “Cóntame un Conto”

Había unha vez… tan só tres palabras e todo o que nos rodea desaparece. Poñemos toda a nosa atención na persoa que as pronuncia e trasladámonos a outros mundos. É a maxia de contar unha historia en voz alta. E todos os cursos, nós podemos gozar dese momento máxico grazas ao Concurso ‘Cóntame un Conto’, organizado por Biblioteca para conmemorar de xeito conxunto o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e mais o Día do Libro.  

Este ano o concurso terá lugar o día, 21 de abril, ás 10.30h na aula de Psicomotricidade. É un concurso aberto a todo o alumnado da Escola que pode participar de xeito individual. O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de abril (incluído) en Biblioteca. Nas bases do concurso tedes dispoñible toda a información.  

Para que o mundo quede en suspenso e a maxia dos contos nos atrape, precisamos narradores.  Cóntanos un conto, anímate a participar!