Sabía que esta experiencia ía ser inolvidable…

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Sabía que esta experiencia ía ser inolvidable…

Enfrontarse a unha clase non é unha tarefa doada. Se ademais o fas como profesor de prácticas o asunto complícase un pouco, porque nos primeiros días non deixas de sentirte como unha ficha estraña que non atopa acomodo. Por iso, pasaron seguro ao comezo Celeste Lorenzo, alumna do Grado de Educación Infantil, Carlos Rodríguez e mais Raquel Fragueiro, alumnos do Grao de Educación Primaria, pero co paso dos días foron gañando a confianza dos seus alumnos, o seu cariño, e a ilusión e o entusiasmo foron deixando de lado o medo e a timidez dos primeiros días. Agora, sobre o horizonte albíscase xa a fin dun período que non esquecerán. Celeste tivo a sorte de compartir esta experiencia coa súa compañeira de carreira Yaiza Álvarez e Raquel decidiu volver a onde foi feliz como alumna, agora como mestra.

“Sabía que esta experiencia ía ser inolvidable, tanto a nivel académico como persoal, pero non me imaxinaba que sería para tanto”, afirma Raquel. E se é inesquecible é debido a que non hai maior recompensa que sentir que un alumno avanza grazas ao teu labor, así o destaca Celeste que traballa con nenos de cinco anos: “Gustaríame destacar a satisfacción que me produce ver como os meus alumnos e alumnas de 5 anos conseguen, despois de moito esforzo, alcanzar pequenos logros no día a día grazas á miña axuda”. Coincide tamén Carlos con esa apreciación de Celeste e destaca como o profesor se converte nunha figura de referencia: “Os nenos ven en ti unha nova figura de referencia e terás moitas anécdotas con eles, dende situacións graciosas que pasen na clase, a momentos máis íntimos e bonitos con algún neno que precisa a túa axuda e fala contigo”, iso si, engade que ás veces hai “momentos nos que terás que sacar o teu lado un pouco máis autoritario e poñer orde”.

Ese compromiso coa aprendizaxe do seu alumnado reafírmaos na súa vocación como mestres e, coma todos os bos mestres e mestras, cando saen pola porta da Escola as anécdotas e os problemas, ás veces tamén, van con eles para seren compartidas coa familia e amigos, porque contamos aos nosos o que nos importa e preocupa. “No meu tempo libre, coa familia ou amigos, comento anécdotas e os seus logros súper orgullosa, como se dos meus propios fillos se tratase”, afirma entre risas Raquel. E anécdotas teñen unhas cantas. A Celeste gústalle traballar e deseñar actividades e xogos con materiais reciclados. Un alumno seu moi observador e agradecido achegouse unha vez a ela e díxolle: -“Profe Celeste, eu cando consiga moito cartón na miña casa, voucho traer para que nos fagas máis xogos”. E un imaxina a ese neno pensando canto cartón se desperdicia no mundo, porque non hai unha Celeste preto. Raquel non pode evitar sentirse famosa cando os seus alumnos a paran pola rúa: “Párante pola rúa e preséntate os seus pais ou avós coma se foses o seu ídolo. Son marabillosos”.
Será mellor que non pensen en canto lles queda. Será mellor que aproveiten ben cada día deste período no que contrastan o aprendido nas aulas coa realidade. Dese contraste falan Carlos e mais Raquel: “Ao longo de toda a carreira aprendemos moitos conceptos teóricos, pero non é ata este momento cando aprendes realmente a levar unha aula e empregar os recursos idóneos” e, engade Carlos, “da cantidade de actividades que aprendes e de situacións que vives e que comezas a manexar ti como docente”.
Grazas a eles por compartir co resto da Escola a súa visión deste período. Talvez haxa quen non vexa nestas liñas nada novo, pero quen saiba ler entre liñas verá vocación, ilusión e a ledicia que produce esta profesión que non deixa de ser un privilexio no que ensinamos para lles facer vivir a outros a alegría dos nosos descubrimentos.

Queridos avós e queridas avoas

Hai un conto de Gianni Rodari que todos deberiamos ler. Títulase A vella tía Ada. Talvez deste xeito entenderiamos que todos levamos un vello en nós, aínda que agora nos sintamos invencibles. Hai uns días, o director da Residencia de Anciáns de Campolongo mandaba unha mensaxe moi dura na que denunciaba como a sociedade vive allea a soidade dos maiores. Esa mensaxe chegou ás nosas aulas e o alumnado de 1º de Educación Infantil e mais parte do alumnado de 3º  de Educación Primaria e Infantil escribiron esta semana pasada postais para os maiores da residencias. En principio, as cartas vanse enviar a Residencia de Maiores de Campolongo en Pontevedra, pero é probable que se repartan con outras, pois a resposta a esa mensaxe do director foi extraordinaria. Bo sería que non fixeran falta estas chamadas de atención e que isto non quedase só como nunha actividade de Nadal.

A señora Phelps despídese ata febreiro.

Pensar no agasallo, conseguilo, envolvelo e agardar que guste. Catro pasos que nestas datas todos facemos e a señora Phelps non ía ser menos. No seu caso, tratándose dela, o agasallo non podía ser outra cousa que un libro e, coma o ano pasado, para clausurar o primeiro cuadrimestre, os membros do club marcharon para casa cun libro debaixo do brazo. Foron uns meses de acompañar a Momo e mais Bastian na súas loitas contra os inimigos da Fantasía e da imaxinación, de descubrir outra España con Celia de Elena Fortún e de ter un pouco de medo e intriga da man de Xabier P. Docampo. En 2023, agardan xa o pirata Garrapata, Fray Perico, Matilda, Charlie, Alicia no seu país e Willy, entre outros. Grazas a todos os membros do club de lectura por facelo posible. Ata febreiro!

Recta final para la recogida de alimentos, ¿quién ganará?

Nervios, carreras al supermercado para arañar unos kilos al adversario en el último momento… por los pasillos todo el mundo se pregunta quién ganará y se hacen apuestas. Da igual quién lo haga, porque los cursos de 3º, especialmente, y también 2º de infantil han decidido desplegar un juego que no veíamos desde tiempos del tiki taka, un espectáculo para todos. Tanto es así que gane quien gane, la ovación para los otros será igualmente merecida. Y, sin duda también, esta campaña de recogida de alimentos, diseñada por los alumnos de 3º en coordinación con el PAT, será recordada, porque nos ha tenido en vilo, porque han desplegado una competitividad sana en la que el adversario te hace querer ser mejor y te estimula. Quedan unos días para saber quién será el ganador, pero la afición de estos equipos puede sentirse orgullosa de su compromiso y entrega.

A nosa compañeira e alumna, Andrea López, gañou a medalla de bronce no campionato mundial de patinaxe artística.

Hai unha vida máis alá das nosas aulas, iso xa o sabermos, pero ás veces os éxitos dos que temos máis próximos pasan desapercibidos. Un claro exemplo témolo na nosa compañeira de 2º de Educación Infantil, Andrea López. No mes de novembro tivo que ausentarse uns días, porque debía competir co seu equipo Club de Patinaxe Artística Gondomar nos Xogos Mundiais de Patinaxe que se celebraban en Bos Aires. Co seu equipo, Andrea executou unha coreografía con gran destreza, sincronización e técnica que lles valeu unha medalla de bronce. Despois dese éxito, Andrea volveu a clase coma se nada, pero abofé que combinar estudos e deporte non é doado, sobre todo cun deporte con tanta esixencia coma este. Parabéns a ela, e tamén a todos os que compaxinan os seus estudos con outros deportes.