Reunión TFG

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Reunión TFG

Ademais das prácticas, o alumnado de 4º curso terá que enfrontarse neste curso tan especial ao traballo fin de grao. Este mércores recibirán as primeiras indicacións da coordinadora de TFG, a profesora Sandra Fragueiro, e poderán resolver as primeiras dúbidas.

Talleres-Actividades Curso 2022-2023

O xoves presentáronse os talleres e algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo deste cuadrimestre. A señora Phelps regresa con novas lecturas disposta a seguir compartindo momentos únicos ao redor de bos libros. As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 26 de setembro para matricularse (no correo [email protected]) e o 28 de setembro botará andar esta segunda edición. Pola súa banda, o profesor Javier Pascual vén, tamén por segundo ano, cunha proposta de taller no que se traballará como falar en público. Os interesados poden poñerse en contacto con [email protected].

A profesora Montserrat Rúa tamén trouxo unha actividade ben interesante coa que coñecer o noso patrimonio artístico e cultural máis próximo. Como futuros mestres, nun futuro, tamén vos tocará preparar saídas culturais co voso alumnado, así que con este taller traballarase como organizar estas actividades e tamén se sairá a coñecer Vigo a través da súa historia. As persoas interesadas quedan convidadas a unha reunión o día 27 as 13h na Sala de Profesores.

E o coordinador de voluntariado, Alberto Santos, convidou a todos os asistentes a participar na peregrinación que se fará con outros centros do CEU ao Castelo de Javier en Navarra. Para calquera dúbida, preguntade ao coordinador ([email protected]).

Hai vida máis alá das clases. Moita vida.

Cafetería

Una de las pruebas de la normalidad recuperada es el servicio de cafetería del que el año pasado no pudimos disfrutar hasta el segundo cuatrimestre. Este año, Paz regresa con una oferta renovada. Podréis reponer fuerzas en el descanso con un desayuno acompañado de donuts, cruasanes, paninis, empanada de jamón y queso o bocatas (de tortilla, chorizo o jamón). Si, además, tenéis clase por la tarde, podéis encargar el menú del día, un bocadillo caliente, perritos o hamburguesas. Y si la mañana se complica o prevés que vas a llegar muy tarde para cocinar, este curso se podrá encargar comida para llevar.

En la cafetería se forjan las grandes amistades, se arregla el mundo y se cursa, a veces, una carrera paralela; pero, sobre todo, en el ratito que pasamos en ella aparcamos la rutina académica y dejamos paso a la vida. #cafeteríamagisterio #escuelamagisterioceuvigo