Conferencia

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Conferencia

Para seguir o enlace clica aquí.

Manuel Regal foi frade bieito no Mosteiro de Samos e é teólogo e escritor. Traballou
como Educador-Terapeuta no centro de Rehabilitación de drogodependencia Proxecto
Home, do cal tamén foi coordinador deste centro en Lugo.
A súa traxectoria como escritor é moi ampla e a súa obra está relacionada coa
promulgación da Fe cristiá e da Igrexa en lingua galega.
Francisco Domínguez é o presidente da Editorial SEPT, editorial que leva 50 anos
loitando a prol de que o galego forme parte da Igrexa galega e foi a que promulgou a
tradución da Biblia ao galego.

 

Unha semana para a lingua galega 

O alumnado de 3º do Grao de Educación Infantil está a desenvolver na materia de Lingua e literatura galega unha serie de actividades para dinamizar e promover o uso do galego na Escola. Ao longo da vindeira semana, todo o estudantado da Escola poderá participar nas seguintes actividades:

  1. Concurso ‘Responde se podes’. O concurso sobre cultura e literatura galega celebrarase os días 15 e 16 de decembro na aula de Psicomotricidade no descanso (11.30 -12 h). O 16 será a gran final entre os dous concursantes que o mércores resulten gañadores da fase de clasificación. Só poderán participar as seis primeiras persoas en inscribirse. Para asistir como público (como o aforo é limitado) o alumnado tamén terá que escanear o código QR.
  2. Un ‘photocall’ na segunda planta da Escola. O alumnado poderá sacar as súas fotos con #sentidiño: sen retirar a máscara en ningún momento e gardando a distancia interpersoal e poderá subilas coa etiqueta #eusíntomegalego.
  3. E, xa por último, poderán unirse a unha lista de reprodución e gozar de máis de 3 horas de música en galego.

«A poesía non se ensina, fíltrase»

Non todos os días se ten a sorte de poder escoitar a un escritor coa traxectoria de Antonio García Teijeiro. Co seu discurso vehemente e entusiasta encheu o salón de actos de versos, coñecemento e ilusión. Abofé que máis de un saíu contaxiado co virus da lectura e da poesía.

A UMI visita a nosa Escola

O mércores recibimos na Escola a UMI (Unidade Móbil de Intervención en Crises e Duelo), un servizo do Centro Humanización da Saúde San Camilo de Tres Cantos-Madrid. O seu responsable, o psicólogo Valentín Rodil, impartiu unha clase na que aclarou que e duelo, como detéctalo e traballalo cos nenos e cos mozos.

No