III Jornadas de Católicos y Vida Pública de Vigo

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Maestros CEU, líder indiscutible

O noso equipo de fútbol sala está a dar unha auténtica lección na liga universitaria de fútbol sala da UVigo. Este xoves impuxéronse no último partido de liga 3-1 ao segundo clasificado, Ingenieros Masilla. Neste partido contaron co apoio do profesor José Luis Holgado e mais de compañeiros e compañeiras, seareiros fieis, que non dubidaron en amosarlle o seu apoio en todos os partidos disputados. Deste xeito,  remataron esta fase de clasificación sen coñecer a derrota e como líderes indiscutibles o que lles vai permitir acceder á competición interuniversitaria que se realizará o próximo xoves, 10 de marzo, na que se enfrontarán a equipos do campus de Ourense e Pontevedra. O capitán do equipo, Daniel Lorenzo, alumno de 1º curso do Grao de Educación Infantil, recoñece o compromiso de todo o equipo e o orgullo co que representan a nosa Escola no campionato.  Agardamos que siga esta boa racha e continúen a dar unha lección non só futbolística, senón tamén de compromiso e traballo en equipo. Afouteza e corazón para eles nesta nova fase!

 

Día de Rosalía

O departamento de Lingua e Literatura e a Biblioteca organizaron hoxe ás 11:30 unha lectura dalgúns poemas de Rosalía de Castro para conmemorar á autora no seu día. Este ano fanse 185 anos do seu nacemento e dende á Escola quixemos celebrar este día e na Biblioteca hai un espazo dedicado á Rosalía onde se mostran algunas das súas obras. Agradecemos a todo o alumnado asistente a este homenaxe.

Unha viaxe pola historia desde Verín

 

A nosa alumna de 4º curso de Educación Primaria, Ana Fornos, está a desenvolver nas prácticas que realiza no colexio CPR Inmaculada de Verín un proxecto interdisciplinar e plurilingüe chamado ‘Viaxamos no tempo’. Este proxecto é parte do seu traballo fin de grao dirixido pola profesora Sandra Fragueiro. No enlace tedes toda información desta fantástica actividade académica que tan bos resultados está a ter. Parabéns a Ana!

Artículo en el periódico La región