Maestros CEU, líder indiscutible

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Maestros CEU, líder indiscutible

O noso equipo de fútbol sala está a dar unha auténtica lección na liga universitaria de fútbol sala da UVigo. Este xoves impuxéronse no último partido de liga 3-1 ao segundo clasificado, Ingenieros Masilla. Neste partido contaron co apoio do profesor José Luis Holgado e mais de compañeiros e compañeiras, seareiros fieis, que non dubidaron en amosarlle o seu apoio en todos os partidos disputados. Deste xeito,  remataron esta fase de clasificación sen coñecer a derrota e como líderes indiscutibles o que lles vai permitir acceder á competición interuniversitaria que se realizará o próximo xoves, 10 de marzo, na que se enfrontarán a equipos do campus de Ourense e Pontevedra. O capitán do equipo, Daniel Lorenzo, alumno de 1º curso do Grao de Educación Infantil, recoñece o compromiso de todo o equipo e o orgullo co que representan a nosa Escola no campionato.  Agardamos que siga esta boa racha e continúen a dar unha lección non só futbolística, senón tamén de compromiso e traballo en equipo. Afouteza e corazón para eles nesta nova fase!

 

Día de Rosalía

O departamento de Lingua e Literatura e a Biblioteca organizaron hoxe ás 11:30 unha lectura dalgúns poemas de Rosalía de Castro para conmemorar á autora no seu día. Este ano fanse 185 anos do seu nacemento e dende á Escola quixemos celebrar este día e na Biblioteca hai un espazo dedicado á Rosalía onde se mostran algunas das súas obras. Agradecemos a todo o alumnado asistente a este homenaxe.

Unha viaxe pola historia desde Verín

 

A nosa alumna de 4º curso de Educación Primaria, Ana Fornos, está a desenvolver nas prácticas que realiza no colexio CPR Inmaculada de Verín un proxecto interdisciplinar e plurilingüe chamado ‘Viaxamos no tempo’. Este proxecto é parte do seu traballo fin de grao dirixido pola profesora Sandra Fragueiro. No enlace tedes toda información desta fantástica actividade académica que tan bos resultados está a ter. Parabéns a Ana!

Artículo en el periódico La región

Voluntariado

 

Esta mañana se presentaron las actividades de voluntariado del segundo cuatrimestre. Entre ellas, destaca la colaboración con el proyecto CASA junto al colegio Salesianas D. Bosco de Vigo que consiste en prestar apoyo educativo al alumnado del centro. Todas aquellas personas interesadas en participar y colaborar pueden escribir al coordinador de voluntariado, el profesor Alberto Santos.

[email protected]

Personas excepcionales, marca CEU

En las aulas y en los despachos, en todos los centros, entre el personal más nuevo y el que lleva más años… siempre encontramos personas excepcionales. Con motivo de la festividad de la Conversión de San Pablo, el CEU se propuso encontrarlas y este curso, las personas excepcionales de nuestra Escuela  han sido nuestra secretaria académica, Elvira, y la profesora Sandra Fragueiro. ¡Enhorabuena y gracias a ellas por su imprescindible trabajo diario!.

Equipo fútbol sala

Onte entregáronse as camisetas ao equipo de fútbol sala da nosa Escola, Maestros CEU, que comeza este martes a competición na Universidade de Vigo. Desexámoslle toda a sorte do mundo e seguiremos con atención a súa  andaina.
Ánimo e a gañar!

Acto académico de Santo Tomás de Aquino 2022 de la Universidade de Vigo

O pasado, 28 de xaneiro, tivo lugar o acto de conmemoración de San Tomé de Aquino na Universidade de Vigo, no que esta institución
condecora aos expedientes máis brillantes. As nosas alumnas galardoadas polos premios extraordinarios de fin de grao foron Clara Isabel Montalvo Galán (Grao en Educación Infantil) e Sara Álvarez Fernández (Grao en Educación Primaria).

Parabéns!

Pódese acceder ao arquivo audiovisual a través da seguinte ligazón:
https://tv.uvigo.es/video/61f401b6a33c06720b07db14
No minuto 26:35 pódese ver a entrega das distincións académicas as nosas alumnas.