Última semana…

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Última semana…

Última semana de clases e xa se nota no ambiente o cansazo de todo un curso. Se iso o mesturamos coa tensión dos exames e coa calor que hai non é doado afrontar estes últimos días, por iso as clases de esta semana son un pouco distintas. Así, o alumnado de 1º curso de Educación Primaria decidiu trasladar a clase de Prevención e Tratamento das Dificultades na Aprendizaxe ao patio e alí fixeron unha demostración de distintas actividades coas que traballar problemas de conduta, manexar a frustración, mellorar as habilidades sociais, manexar o control inhibitorio e potencias as funcións executivas mediante distintos exercicios con aroes, coa dinámica de Simón di… Un xeito diferente de aprender máis alá das aulas.

AmenCEU

Estimados lectores e lectoras:

Compartimos con vós a versión dixital en pdf da nosa revista. Vós sabiades que os códigos QR caducaban? Nós tampouco, por iso veredes que algúns códigos QR da publicación en papel non funcionan. Nesta nova versión, si. Perdoade as molestias e moitas grazas a todos por acoller tan ben o noso traballo.

Por máis amenceres para a nosa lingua.

Ata outra!

Enlace a revista

Formados en disciplina positiva

30 alumnos de la Escuela han asistido a un curso de Disciplina Positiva junto a su profesora Julia Criado. Durante tres sesiones de formación, los estudiantes aprendieron técnicas y herramientas para fomentar un ambiente de respeto, cooperación y responsabilidad en las aulas.

El curso fue impartido por @lunae_formacion, y los estudiantes se mostraron muy interesados y participativos en cada una de las sesiones, y la profesora Julia Criado destacó la importancia de este tipo de formación para los futuros docentes. «Es un gustazo ver cómo en nuestra aulas hay muchos futuros profesores con ganas de aprender a mejorar la educación con un modelo firme, pero respetuoso con la infancia», afirmó la profesora Julia Criado. «Vivimos las sesiones con las emociones a flor de piel, de esas que revuelven y te hacen ver la importancia de una buena gestión emocional para educar sin dañar.”

Sin duda, esta formación ha sido una oportunidad única para que el alumnado pueda aplicar estos conocimientos en su futura labor docente y así contribuir a una educación más positiva y enriquecedora.

Creatividade e inclusión

Os xoves culturais son un espazo temporal que a Escola habilita para recibir a persoas expertas que veñen a falarnos do seu traballo ou a poñer luz sobre algún tema complexo relacionado coa educación. Polo noso salón de actos pasou xente importante, pero nunca tivemos uns poñentes tan ilusionados, tan implicados e tan expertos co seu tema coma os de onte. Uns poñentes que conseguiron amosarnos con naturalidade, espontaneidade e, sobre todo, moita autenticidade de que eles queren cambiar o mundo e, para iso, propoñen pequenos retos.

Eses poñentes eran alumnos de infantil e primaria do CEIP Valle-Inclán que forman parte do Club de Convivencia do seu centro. Explicáronnos que era iso do Club de Convivencia e como traballan día a día para mellorar non só a convivencia no seu colexio, senón tamén na súa contorna. Así xurdiu o reto que se marcaron para este curso no que quixeron traballar a prol da inclusión educativa. Inspirados pola obra artística de Judith Scott, estes rapaces quixeron crear as súas propias esculturas e, ademais, propuxéronse chegar as 1000 pezas en poucas semanas. Un reto difícil se se fai só, por iso decidiron difundilo e axiña comezaron a chegar o seu centro centos de pezas procedentes de distintos colectivos e persoas aos que conseguiron contaxiar o seu entusiasmo. O resultado: 1289 esculturas. Con elas buscan agora financiar bolsas na Fundación Igualarte e animáronnos a mercar algunhas destas pezas feitas con tanto agarimo coma arte.

No 1º andar da Escola tedes unha pequena exposición das pezas creadas que foron trasladadas dende o Museo do seu colexio. Esas non están á venta, pero si atoparedes unha pequena mostra na Biblioteca de pezas que si están no mercado coas que poderedes axudar a financiar esas bolsas. Moitísimas grazas a estes artistas que quixeron compartir o seu tempo e a súa obra con todos nós e amosarnos coma a arte é unha forma de comunicación e, tamén, de cambiar o mundo que non entende de fronteiras nin de idades. Cumpriuse iso de que moita xente pequena en lugares pequenos facendo cousas pequenas cambia ás veces o mundo. Aos que estivemos alí algo nos cambiou.

Imaxinación, espazo e uns pequenos astronautas

O alumnado de primeiro curso do Grao de Educación Infantil organizou unha emocionante actividade de psicomotricidade para 52 nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do Colexio Estudo que visitaron a nosa Escola o pasado venres  acompañados por catro profesoras.

Durante dúas horas, os pequenos participaron en seis actividades psicomotrices deseñadas polos nosos estudantes. O tema elixido para a actividade foi o espazo, e todas as actividades estaban relacionadas con el. Os nenos e nenas mergulláronse na aventura de axudar a unha marcianiña a recompoñer a súa nave e volver ao seu planeta, mentres realizaban diversas actividades como pasar por buracos negros, situar planetas e buscar estrelas. A actividade de psicomotricidade foi un éxito rotundo, cos nenos e nenas completamente inmersos na temática do espazo e gozando das diferentes actividades.  A creatividade e a orixinalidade da actividade fomentou a coordinación e o desenvolvemento de habilidades motoras dos pequenos participantes.

A canción final composta por Eneko foi o broche de ouro da actividade, na que todos os nenos e nenas uníronse para cantar e celebrar o éxito da súa misión no espazo. O alumnado de primeiro curso do Grao de Educación Infantil demostrou o seu compromiso e habilidades pedagóxicas na organización desta emocionante actividade de psicomotricidade, baixo a supervisión e a axuda da súa profesora e titora Purificación García Cajide.

Proyecto dual

Os alumnos de 1º de Educación Infantil levan días preparando con coidado, entusiasmo e moito cariño unha sesión de Psicomotricidade para recibir o próximo venres ao alumnado de Educación Infantil do Colexio Estudio. Despois de varios anos en que pola pandemia non se puido levar a cabo, regresa o proxecto dual, coordinado pola profesora Purificación García Cajide, que pretender achegar ao noso alumnado a realidade das aulas.

Phelps no Salón do Libro

Phelps volveu visitar cos seus lectores o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Saíron pronto e pararon a comer algo polo camiño. Alí escoitaron a conferencia de Ana Garralón sobre a literatura como xogo e logo visitaron o salón, centrado este ano nos libro xogo. Xogaron un chisco, curiosearon moito, sacaron algunhas fotos e sobre todo compartiron momentos deses que sen ser especiais van dándolle forma a nosa vida, porque saen da rutina.

Cóntame un conto

O pasado xoves, 20 de abril, reunímonos na aula de Psicomotricidade para celebrar dúas datas: o 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil e mais o 23 de abril, o Día do Libro. O acto que estivo presentado polas nosas bibliotecarias, Rosa e mais Alicia comezou coa lectura do poema do escritor grego, Yagalis Iliopoulos, encargado este ano de difundir a mensaxe do día do libro infantil: “Yo soy un libro. / Tú eres un libro. /Todos somos libros. (…) –los hay grandes, los hay pequeños, / los hay coloridos, otros en blanco y negro, / los hay muy finos, y otros muy gruesos. /Nuestras historias serán diferentes o similares: /he aquí nuestra belleza.” Leunos unha Rosa moi emocionada que nos contaxiou a todos. Xa estabamos listos para coñecer as historias que Celeste, Ana, Julián, Lisa e Alba tiñan preparadas para nós. Historias de monstros, de amor, de peixes, de patos e de animais. Historias moi diferentes contadas de xeito distinto. He aí a beleza de cada unha delas.

Tocoulle empezar a Celeste Lorenzo, alumna de 4º de E. Infantil, que nos contou a historia de Carabuñas, un monstro feroz que ten unha imaxe distorsionada de si mesmo. Por iso, a narradora Celeste lembrounos a importancia de mirarnos no espello para saber ben quen somos. Seguiu Ana Fernández, alumna de 2º de E. Primaria, que con Adivina cuánto te quiero quixo falarnos da imposibilidade de medir o amor que sentimos polas persoas. Julián Díaz, alumno de 2º de E. Infantil, sen apoio do libro, só coa súa voz, narrounos a historia de Nadarín, un peixe que nos ensina que ningún é tan bo coma todos xuntos. Lisa Sun, alumna de 2º de Primaria, contounos a histora de Pati, un pato simpatiquísimo que un día ten un mal día. Quen non o ten? Lisa lembrounos que o mellor é á hora de levantarse, pensar un chisco e apoiar primeiro a pata dereita. E para rematar, Alba García, de 1º de E. Infantil, contounos a historia de Chiqui, un pito que vive nunha granxa e que non sabe cal é o seu momento favorito do día. Vós sabédelo?

Tras isto, mentres o xurado deliberaba, Rosa e mais Alicia léronnos uns poemas e o conto Todos lo vieron, e con este último souberon manter a tensión: que viron todos eses animais? Os que alí estivemos xa o sabemos e estamos preparados para calquera cousa extraordinaria que veña. Chegou o momento máis difícil para o xurado: determinar quen merecía os premios. Nunca é unha tarefa doada, porque só quen estivo diante dun auditorio algunha vez sabe o difícil que é, e se se trata de contar unha historia aínda máis, pero había que decidir… e os gañadores desta edición foron Celeste Lorenzo que obtivo o 1º premio e mais Julián Díaz que obtivo o 2º premio.

E xa para rematar, cando chegamos xa estaba todo listo: sillas colocadas, decorado e ata un lema: Cal é a túa historia? Non foi un accidente. Alicia e mais Rosa preparan con moito tempo esta actividade. Con moito tempo e cariño. Non hai agradecemento para elas. O Día do libro non é un día de máis, deses vacíos porque elas danlle un sentido de verdade. Grazas. Grazas tamén aos participantes por responder e acoller esta actividade, por eses 50 minutos onde esquecemos onde estabamos. E que dicir dese público selecto que ateigou a clase de Psicomotricidade. Como dixo Rosa: os mellores.