Visita a la librería Libros para Soñar

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Visita a la librería Libros para Soñar

El pasado martes, el alumnado de 3º de Educación Primaria, junto a la profesora Marta Peláez, visitó la librería Libros para soñar, una librería especializada en literatura infantil y juvenil. Allí les hablaron, entre otras cosas, sobre la historia de la librería y sobre la importancia de elegir buenas obras para los niños. Sandra y Carmela, las libreras, informaron también a nuestro alumnado de todos los talleres y cuentacuentos que se organizan todas las semanas y los animaron a participar.  ¡Esperemos verlos pronto por allí como contadores de historias!

A pregunta como ferramenta educativa

Onte recibimos na Escola a outro escritor de LIX e tamén mestre do Colexio Divino Salvador, Xavier Estévez, que impartiu unha conferencia sobre a pregunta como ferramenta educativa. E abofé que saimos cheos de preguntas: por que non deberían existir os aguacates?, como sabe unha árbore que comezou a primavera?, entre moitas outras. Segundo el, a educación só é efectiva se parte dun reto e se asenta en dous elementos: as preguntas e os diálogos. Puxo un exemplo para ilustralo, o museo Moma. O seu Consello de Administración decatouse de que os visitantes case non aprendían nada nas visitas guiadas, así que decidiron cambiar a forma de facelas da man de Philip Yenawine e Abigail Housen que deixaron que os visitantes se movesen libres e cando se situasen diante dun cadro facerlles dúas preguntas: que está a ocorrer? e que che fai afirmar iso? Deste xeito, a partir das respostas dos visitantes, poderían ir explicando, porque, como afirmou Xavier, aprender a mirar e aprender a preguntar e ben certo é, porque grazas as súas preguntas e recomendacións bibliográficas,  todos saímos cunha mirada máis esperta e pensando nunha alcantarilla que calquera día vennos de volta.

Misa de defuntos

O vindeiro venres, ás 13 h, haberá unha misa por todos os nosos defuntos. Estades convidados a participar nesta eucaristía de recordo polos nosos seres queridos.

La Palabra en la Educación

Las profesoras Elena Ciga, Marta Peláez y Marta Blanco, junto a la exalumna Andrea Soutullo, participaron estos días en el X Congreso Internacional La Palabra en la Educación que este año tuvo lugar en la Universidad Cardenal Spínola de Sevilla. Allí presentaron diferentes trabajos de investigación además de asistir a conferencias plenarias de grandes profesionales del ámbito de la Educación y de la Literatura como Gregorio Luri o Javier Pérez Castells, entre otros. Este congreso les ha brindado también la oportunidad de compartir unos días con compañeros de otras Universidades CEU de España.

La pregunta como herramienta educativa

JAVIER ESTEVEZ FERREIRO es profesor en el Colegio Divino Salvador y autor de infinidad de publicaciones de literatura infanto-juvenil como A Rapaza da Fiestra, traducida al castellano y al euskera, o la más reciente, publicada este mismo año, A Memoria dos Pingüíns.

Varias veces finalista del Premio Merlín fue ganador en la XII edición con su obra Todos os Soños

Conferenciante indispensable en los Congresos, Foros, Encuentros y eventos formativos y educativos de todo tipo, acaba de participar en el FORO EDUCA del Faro de Vigo y nos trae parte de su intervención “La pregunta como herramienta educativa”.

Conferencia de Fina Casalderrey

Hoxe tivemos a sorte de recibir na escola a Fina Casalderrey, unha autora importante da Literatura Infantil e Xuvenil galega, cunha longa traxectoria literaria, profusamente premiada e avalada polo éxito entre o público lector e a crítica especializada. A única escritora candidata simultaneamente aos premios máis prestixiosos da LIX no ámbito internacional Premio Hans Christian Andersen e o Premio Memorial Astrid Lingren, que se fallarán o ano que vén.  

A súa charla comezou explicando o título da conferencia e as alternativas, para xa poñernos sobre aviso de que a beleza é importante, un contido en si mesmo, e que facer algo tan cotiá como beber auga pódese facer dun xeito fermoso. Do cotián, do labor diario dos mestres foi falando boa parte da súa charla. “O que fun como alumna axudoume a ser profesora”, dixo para falarmos dos seus máis de corenta anos como mestra. Pero era inevitable que aflorase tamén a Fina escritora e como vasos comunicantes explicounos como a Fina mestra e Fina escritora colaboraban e se nutrían mutuamente. Deunos un decálogo de como traballar a lectura na aula que se podería resumir, segundo ela, nunha soa norma: Se non che gusta ler, se non tes entusiasmo e case mellor que non a toques. Con exemplos de seus libros, doutros libros e mil anécdotas da súa longa traxectoria sen querer ou si, Fina falounos da forza da palabra, porque durante máis de 60 minutos moitas caras que sorrían cos ollos non apartaron a vista dela. Dixo tamén: “Aprendín moito máis do que ensinei”, pois nesta mañá chuviosa de outubro onde mellor era quedar na cama, nós aprendemos con Fina moito máis do que nos ensinou, porque o eco das súas palabras aínda resoaba polos corredores da Escola e abofé que nos acompañarán un tempo.

O que hai: obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade

Alberto Santos, profesor de Didáctica das Artes Plásticas, presenta na Fundación Laxeiro a mostra que leva por título O que hai: obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade, froito dun proxecto de comisariado no marco dun acordo coa Universidade de Vigo, e na que participan Alberto Ardid, Julio Catalán, Mar Ramón e Estéfana Román.A exposición nace do seu proxecto de investigación doutoral, e está centrada nun capítulo que estuda as didácticas e dinámicas de creación dentro da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, marcadas pola sustentabilidade nun contexto de crise económica.A mostra poderase visitar na Fundación Laxeiro, Policarpo Sanz 15, 3º, Vigo, do 25 de outubro de 2023 ó 11 de febreiro de 2024.

Como auga en copa de cristal tallado

O vindeiro xoves, 26 de outubro, teremos a sorte de que nos visite Fina Casalderrey, considerada unha escritora clásica do canon da literatura infantil e xuvenil galega. Exerceu durante máis de corenta anos como docente en distintos centros de Galicia e é membro da Real Academia Galega. Na súa traxectoria literaria, acadou numerosos premios e recoñecementos pola súa obra. De feito, na actualidade é candidata ao premio Hans Christian Andersen 2024, o galardón internacional máis importante no eido da literatura infantil e xuvenil.    

A charla  versará  sobre o apaixonante oficio de ensinante, da forza da palabra e da estimulación lectora, das primeiras lecturas, da primeira biblioteca, dos prexuízos sobre os temas máis axeitados para a infancia, de como facer para que o alumnado sinta o privilexio que supón a lectura dende a perspectiva dunha mestra que escribe sobre todo para nenas e nenos. 

Agardámosvos a todos o vindeiro xoves.