Premio Princesa de Asturias 2023



Última semana de clases e xa se nota no ambiente o cansazo de todo un curso. Se iso o mesturamos coa tensión dos exames e coa calor que hai non é doado afrontar estes últimos días, por iso as clases de esta semana son un pouco distintas. Así, o alumnado de 1º curso de Educación Primaria decidiu trasladar a clase de Prevención e Tratamento das Dificultades na Aprendizaxe ao patio e alí fixeron unha demostración de distintas actividades coas que traballar problemas de conduta, manexar a frustración, mellorar as habilidades sociais, manexar o control inhibitorio e potencias as funcións executivas mediante distintos exercicios con aroes, coa dinámica de Simón di… Un xeito diferente de aprender máis alá das aulas.


Estimados lectores e lectoras:
Compartimos con vós a versión dixital en pdf da nosa revista. Vós sabiades que os códigos QR caducaban? Nós tampouco, por iso veredes que algúns códigos QR da publicación en papel non funcionan. Nesta nova versión, si. Perdoade as molestias e moitas grazas a todos por acoller tan ben o noso traballo.
Por máis amenceres para a nosa lingua.
Ata outra!

Este jueves (18 mayo), justo al día siguiente de la festividad de las letras gallegas (este año con el homenaje a Francisco Fernández del Riego), se presentará y proyectará en el salón de actos (a las 10:30h) un documental que un grupo de profesores y alumnos del colegio Jesuitinas de Vigo ha elaborado sobre este autor tan reconocido dentro de la cultura gallega.
Os esperamos!
O alumnado de 3º de Primaria da materia Lingua e Literatura Galega leva meses preparando unha iniciativa que verá a luz esta semana. Estade moi atentos

30 alumnos de la Escuela han asistido a un curso de Disciplina Positiva junto a su profesora Julia Criado. Durante tres sesiones de formación, los estudiantes aprendieron técnicas y herramientas para fomentar un ambiente de respeto, cooperación y responsabilidad en las aulas.
El curso fue impartido por @lunae_formacion, y los estudiantes se mostraron muy interesados y participativos en cada una de las sesiones, y la profesora Julia Criado destacó la importancia de este tipo de formación para los futuros docentes. «Es un gustazo ver cómo en nuestra aulas hay muchos futuros profesores con ganas de aprender a mejorar la educación con un modelo firme, pero respetuoso con la infancia», afirmó la profesora Julia Criado. «Vivimos las sesiones con las emociones a flor de piel, de esas que revuelven y te hacen ver la importancia de una buena gestión emocional para educar sin dañar.”
Sin duda, esta formación ha sido una oportunidad única para que el alumnado pueda aplicar estos conocimientos en su futura labor docente y así contribuir a una educación más positiva y enriquecedora.


Última semana para cubrir as enquisas de avaliación docente das materias do 2º cuadrimestre. Lembrade que é un proceso totalmente anónimo. Se tedes algunha dúbida ou incidencia, preguntade as vosas titoras ou a coordinadora de Calidade, Ana Caíño, despacho C, [email protected].
A participar todos! Grazas!
Acceso as enquisas: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

Os xoves culturais son un espazo temporal que a Escola habilita para recibir a persoas expertas que veñen a falarnos do seu traballo ou a poñer luz sobre algún tema complexo relacionado coa educación. Polo noso salón de actos pasou xente importante, pero nunca tivemos uns poñentes tan ilusionados, tan implicados e tan expertos co seu tema coma os de onte. Uns poñentes que conseguiron amosarnos con naturalidade, espontaneidade e, sobre todo, moita autenticidade de que eles queren cambiar o mundo e, para iso, propoñen pequenos retos.
Eses poñentes eran alumnos de infantil e primaria do CEIP Valle-Inclán que forman parte do Club de Convivencia do seu centro. Explicáronnos que era iso do Club de Convivencia e como traballan día a día para mellorar non só a convivencia no seu colexio, senón tamén na súa contorna. Así xurdiu o reto que se marcaron para este curso no que quixeron traballar a prol da inclusión educativa. Inspirados pola obra artística de Judith Scott, estes rapaces quixeron crear as súas propias esculturas e, ademais, propuxéronse chegar as 1000 pezas en poucas semanas. Un reto difícil se se fai só, por iso decidiron difundilo e axiña comezaron a chegar o seu centro centos de pezas procedentes de distintos colectivos e persoas aos que conseguiron contaxiar o seu entusiasmo. O resultado: 1289 esculturas. Con elas buscan agora financiar bolsas na Fundación Igualarte e animáronnos a mercar algunhas destas pezas feitas con tanto agarimo coma arte.
No 1º andar da Escola tedes unha pequena exposición das pezas creadas que foron trasladadas dende o Museo do seu colexio. Esas non están á venta, pero si atoparedes unha pequena mostra na Biblioteca de pezas que si están no mercado coas que poderedes axudar a financiar esas bolsas. Moitísimas grazas a estes artistas que quixeron compartir o seu tempo e a súa obra con todos nós e amosarnos coma a arte é unha forma de comunicación e, tamén, de cambiar o mundo que non entende de fronteiras nin de idades. Cumpriuse iso de que moita xente pequena en lugares pequenos facendo cousas pequenas cambia ás veces o mundo. Aos que estivemos alí algo nos cambiou.


O alumnado de primeiro curso do Grao de Educación Infantil organizou unha emocionante actividade de psicomotricidade para 52 nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do Colexio Estudo que visitaron a nosa Escola o pasado venres acompañados por catro profesoras.
Durante dúas horas, os pequenos participaron en seis actividades psicomotrices deseñadas polos nosos estudantes. O tema elixido para a actividade foi o espazo, e todas as actividades estaban relacionadas con el. Os nenos e nenas mergulláronse na aventura de axudar a unha marcianiña a recompoñer a súa nave e volver ao seu planeta, mentres realizaban diversas actividades como pasar por buracos negros, situar planetas e buscar estrelas. A actividade de psicomotricidade foi un éxito rotundo, cos nenos e nenas completamente inmersos na temática do espazo e gozando das diferentes actividades. A creatividade e a orixinalidade da actividade fomentou a coordinación e o desenvolvemento de habilidades motoras dos pequenos participantes.
A canción final composta por Eneko foi o broche de ouro da actividade, na que todos os nenos e nenas uníronse para cantar e celebrar o éxito da súa misión no espazo. O alumnado de primeiro curso do Grao de Educación Infantil demostrou o seu compromiso e habilidades pedagóxicas na organización desta emocionante actividade de psicomotricidade, baixo a supervisión e a axuda da súa profesora e titora Purificación García Cajide.


Información básica sobre Protección de Datos
|