Ás para remontar o voo

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Ás para remontar o voo

O pasado xoves celebrouse unha nova edición do Concurso de Contacontos, organizado por Biblioteca para conmemorar de xeito conxunto o Día Internacional do Libro Infantil e mais o Día do Libro. Baixo o lema ‘A hora de ler’ co que as nosas bibliotecarias nos quixeron lembrar que calquera momento do día é bo para ler, o acto comezou cunhas palabras de Rosa que quixo ler unha parte do manifesto escrito polo escritor canadiense Richard van Camp para celebrar o día 2 de abril: “As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día (…) As historias son medicina. Curan. Reconfortan. Inspiran. Ensinan”. Abofé que esa mañá chuviosa dun xoves de abril, o público remontou o voo grazas ás historias de Celeste Lorenzo que con Buscar falounos da importancia de levantar a cabeza no noso día a día e mirar o que temos en fronte; de Macarena (agora princesa, agora lobo) que repetía este ano coa segunda parte do conto que nos contou o curso pasado: Os lobos que viñeron cear; de Carla Somoza que nos trouxo Un conto cheo de lobos e de maxia; de Paula Lamela que tamén repetía con Outra vez, porque si, queriamos que volvese a contarnos un conto outraaa veeez; de Laura Malvido que nos fixo escalar ata a lúa para ver a que sabía e de Julián Díaz, que xa que estabamos na lúa, contounos a historia de Paco o rato e da súa expedición alí.  E xa para rematar, grazas ao conto que nos contaron Alicia e mais Rosa, percorremos con dez gatiñas viaxeiras distintos lugares da xeografía galega. 

A parte amarga quedou para o xurado que houbo de reunirse para decidir quen levaba os premios. Non é un tópico. O nivel foi tan alto que cando o xurado se retiraba, o distinguido público removíase no seu asento e murmuraba: ‘‘non quería eu ser eles, menuda papeleta”. E si que o foi, pero había que decidir e decidiuse. O segundo premio foi para o alumno de 1º de Infantil, Julián Díaz que nos ensinou co seu conto que ás veces non hai que ir moi lonxe para valorarse a un mesmo e que hai que sorrir máis. O primeiro premio foi para Carla Somoza, porque, como o seu alumno de prácticas, cando rematou de contar a historia, todos dixemos este conto é máxico, si, pero foi máxico por como nolo contou ela.  

Grazas un ano máis (e xa non sabemos cantos van) a Rosa e mais Alicia, as nosas bibliotecarias, por organizar con tanto agarimo este concurso, polo seu traballo cotián e polo seu entusiasmo. Abril non é tan cruel con vós. Grazas a Celeste, Macarena, Carla, Paula, Laura e Julián. GRAZAS por darnos ás para remontar o voo neste final de cuadrimestre.  E grazas tamén a ese público ilustre que nos quixo acompañar, foi todo un honor contar coa vosa presenza.  

O ano que vén, máis.

 

Bibliotecas escolares

https://eu.bbcollab.com/guest/e0b07cf83a28435e9eef4a7c265b361d

Las bibliotecas escolares son un recurso necesario en las aulas para poder conseguir que nuestros alumnos sean futuros lectores y hacer de la lectura una actividad lúdica y educativa.
Como docentes debemos conocer cómo son las bibliotecas escolares y es importante que nos formemos en esta materia.
Ana Ordás es diplomada en Biblioteconomía por la Universidad de Granada y licenciada en Documentación por la Universidad de Alcalá de Henares. Ha trabajado durante 4 años en la biblioteca de la Universidad de Nebrija y desde el 2016 se dedica a la comunicación digital y al desarrollo profesional del personal de las bibliotecas.

A III edición do concurso fotográfico ‘Donas de si’ xa ten gañadores

 

Por terceiro ano consecutivo, a enlace de Igualde, a profesora Montserrat Rúa, organizou o concurso fotográfico ‘Donas de si’. Nesta III edición, non foi un labor doado para o xurado seleccionar, de entre as trece fotografías enviadas, ás tres gañadoras, pero finalmente as persoas premiadas foron: 

1º Premio: ‘Con tal de vervos contentos’ de Samuel Alonso Amorín 

2º Premio: ‘Acompañada’ de Icia Irlanda Castillo Carballa 

3º Premio: ‘Hortensia’ de Violeta Álvarez Riveiro 

Todas as fotografías teñen un punto en común, pois os seus protagonistas son os nosos maiores, os nosos avós, que tan mal o pasaron con esta pandemia. Non só, porque o virus foi máis cruento con eles, senón tamén polo illamento social do que foron vítimas. As tecnoloxías ás que moitos se aferraron foron unha fiestra pola que escapar da soidade, como soubo recoller Icia coa súa fotografía. Pola súa banda, Samuel e Violeta decidiron homenaxear a súa bisavoa e a súa avoa, respectivamente. ‘Con tal de vervos contentos’ é unha frase da bisavoa de Samuel que amosa a xenerosidade dunha xeración que o deu todo e está disposta a dalo novamente polos seus. Hortensia, nacida a comezos de século, non tivo a oportunidade de facer algo que agora si fai a súa neta: estudar unha carreira para ser mestra. Bernando de Chartres dixo no século XII que somos como ananos ao ombros de xigantes, e, parafraseando a cita, poderiamos dicir que os nosos xigantes son os nosos maiores. Se podemos ver máis e máis lonxe é porque eles xa nos abriron camiño antes e somos levantados polo seu exemplo e o seu testemuño como ben souberon reflectir as fotografías premiadas. 

Parabéns ás persoas gañadoras e grazas a todas as que participastes nesta III edición.

Visita a Santiago

Antonte non foi un día máis. Antonte foi un día distinto. Cambiamos as nosas aulas do século XXI con Hyflex, polas aulas do Museo Pedagóxico. Cambiamos os nosos corredores, patios e oratorio por un decorado de luxo: Santiago, as súas rúas, a catedral (tellados, pórtico, museo…), pero sobre todo, alumnado e profesorado deixamos de mirarnos de fronte coma cando estamos nas aulas para camiñar xuntos, ombro con ombro, e compartir bos momentos neste ano santo compostelán.

TEA

Este xoves tivemos a sorte de contar coa presenza do doutor Óscar Blanco Barca, neuropediatra do Hospital Álvaro Cunqueiro e profesor asociado da Facultade de Medicina da USC. Na súa completa conferencia, Óscar Blanco deu unha serie de pautas para enfocar o autismo dende as aulas e subliñou a importancia dos docentes na detección temperá deste trastorno, así como a necesidade de que mestres e outros profesionais traballen de xeito conxunto para ter un enfoque multidisciplinar que permita ter unha visión global.

O tempo quedou curto para unha charla tan exhaustiva e amena na que coa axuda de vídeos e outros recursos o doutor Óscar Blanco foi tratando diferentes aspectos (definición, transcendencia social, diagnóstico, etc.). Foi todo un privilexio escoitalo e unha sorte que puidese visitarnos.

Concurso “Cóntame un Conto”

Había unha vez… tan só tres palabras e todo o que nos rodea desaparece. Poñemos toda a nosa atención na persoa que as pronuncia e trasladámonos a outros mundos. É a maxia de contar unha historia en voz alta. E todos os cursos, nós podemos gozar dese momento máxico grazas ao Concurso ‘Cóntame un Conto’, organizado por Biblioteca para conmemorar de xeito conxunto o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e mais o Día do Libro.  

Este ano o concurso terá lugar o día, 21 de abril, ás 10.30h na aula de Psicomotricidade. É un concurso aberto a todo o alumnado da Escola que pode participar de xeito individual. O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de abril (incluído) en Biblioteca. Nas bases do concurso tedes dispoñible toda a información.  

Para que o mundo quede en suspenso e a maxia dos contos nos atrape, precisamos narradores.  Cóntanos un conto, anímate a participar!

Un enfoque multidisciplinar del Trastorno del Espectro Autista (TEA)

Este jueves a las 10:30 h tendrá lugar una conferencia sobre autismo «Un enfoque multidisciplinar del Trastorno del Espectro Autista (TEA)», impartida por Óscar Blanco Barca neuropediatra del Hospital Álvaro Cunqueiro y profesor asociado de la Facultad de Medicina de la USC.
Se tratarán las características, la transcendencia social, detección, coordinación de los distintos profesionales de los diferentes ámbitos, así como el diagnóstico diferencial del TEA con otros trastornos.
Desde la asignatura de Prevención y Tratamiento de las dificultades del Aprendizaje tanto en infantil como en primaria se estudia este trastorno por lo que es interesante que los alumnos puedan ampliar sus conocimientos de mano de un especialista en el tema.
Esperamos que sea de interés para todos

III Edición do concurso de fotografía “Donas de si”

O alumnado da Escola participa na III edición do concurso de fotografía “Donas de si”
Para render a nosa pequena homenaxe a muller da sociedade actual a Escola convocou a III edición do concurso de fotografía “Donas de si”.
Este concurso aberto a todo o alumnado da Escola tiña como obxectivo representar escenas da vida cotiá de mulleres reflectida dende calquera ámbito da sociedade. O prazo para enviar as imaxes rematou este mércoles 23 de marzo. A súa acollida polo alumnado foi moi boa e nel participaron tanto estudantes do Grao de Educación Primaria como do Grao de Educación Infantil.
Aquí vos achegamos unha escolma das fotografías enviadas. Sirva esta selección como unha humilde homenaxe para todas elas.
Nos próximos días publicaremos as tres fotografías gañadoras pero vaia por diante os nosos parabéns para os participantes pola beleza e simbolismo das imaxes presentadas.
Grazas a todas e todos por participar.

Título: Ellas un domingo a las 12
Autora: Celia González Fernández